


Na derradeira noite do primeiro milenio o bispo de Cápita prohíbe as celebracións: o fin do mundo está a chegar. Pero Falamunda de Boiriz ten outros plans. Nesta noite de invernía comezan as aventuras para ela e para unha chea de personaxes mais.
Esta viaxe é un percorrido de ida e volta dende o 2020 ata o ano 1000 e volvendo ó presente que xa non deixa de mirar cara atrás… un circo sen principio nin final no que vive e avanza a tribo. A nosa especie. Que respira a través dos tempos e lugares xunguida pola palabra, o relato, as historias, a cultura, o drama… Pero igual que nas road movie actuais, nas odiseas clásicas ou nos immrama irlandeses do medievo, en toda viaxe hai atrancos e perigos, que afastan a meta final e mesmo fan fracasar os propósitos máis firmes.
Non deixes que esta historia pendure nos tempos sen chegar a porto. Dá o paso. Cruza a porta que inicia o camiño, porque dende ese instante… xa serás parte da tribo: a tribo dos barballocas.